18 Ene ST. JAMES STREET BAND
St. James Street Band
E-MAIL: stjamesstreetband@gmail.com El Tuba de St.James Street Band es:
Oscar Prieto:
Inicia os seus estudos musicais na especialidade de tuba no Cmus. Profesional de As Pontes, A Coruña para posteriormente continualos no Cmus. Profesional de Vigo e rematalos no Cmus. Superior de Vigo cos mestres D. Carlos Diaz, D. EduardoNogueroles e D.Antonio Rodríguez Iborra.
Paralelamente perfecciona os seus estudos con grandes mestres internacionais como Alfonso Mollá, Mel Cultberson, Miguel Moreno, Jose Vicente Simeó, Miguel Navarro, Harvey Phillips, Vicente Castelló, Steven Mead, Matt Tropman, Marty Erickson, Eduardo Nogueroles.
Pertenceu a diversos grupos de cámara e de outras tendenzas musicais como o Conxunto de musica Folk do Cmus. Superior de Vigo co que graba o cd “ Folk ó Forno”, grupo de ska Skatubarius, grupo A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Hot3s+1. Colabora con numerosas bandas de música en España e Portugal e actualmente e membro da Banda Escola de Música de Beade. No eido orquestal e membro e directivo dende 2005 da Orquesta Clasia de Vigo, coa que estreou en Galicia en 2008 a obra para tuba solista e orquesta de Ralph Vaughan Williams, “concert for tuba and orchestra”.
No eido do jazz graba o cd “Just in Jazzvides” e “papá, jazz!” con Mr. Dixie Jazz Band. Participa en festivais como o Jazzin ́Tondela, Jazzmin festival, Imaxina Sons, XVI Festival de Jazz de Lugo, Happy Jazz Festival Lisboa, 1a Festival Dixieland De A Coruña, Festival de Jazz de O Carballiño, CIclo 1906, Atalajazz, En Clave de Agua Soria, Festival de Jazz De Pontedeume,…
No 2006 representa a España no I Euro Jazz Rueil Festival en Francia e acada o premio a mellor Banda de jazz entre os 16 paises europeos asistentes. Asimismo concedeselle individulmente en dito festival o segundo premio ao mellor solista.
Na actualidade forma parte tamén da ROFCOM ( real orquesta fortuita da costa da morte) agrupación dedicada integramente á musica fortuita ou free e da Murajazz Big Band de Lugo.
No ámbito da docencia foi profesor de tuba e trombón na Escola de Música de Beade, profesor de tuba na Escola do Ateneo Musical de Bembrive, profesor de Iniciación á Musica no Cmus. Profesional de As Pontes e profesor de tuba e educación auditiva e vocal no Cmus. Profesional de Lugo, profesor de Vento Metal no Cmus. Profesional de As Pontes e profesor de tuba en substitucións nos Cmus. Profesionais de Pontevedra e Santiago.
No Comments